Monday 06 de May de 2024

O BNG de Ponteceso vén de rexistrar alegacións ante a modificación da ordenanza do IVTM e inicia unha acción informativa e de recollida de sinaturas.


Fátima Rodríguez Gonzálvez, voceira municipal do BNG, considera que na situación actual de dependencia dos vehículos particulares por falla de transporte público e co xa mermado estado das economías familiares non é o momento de que os vehículos de entre 25 e 40 anos deixen de ter acceso á bonificación do 100% do IVTM.

No pleno do 28 de setembro o goberno local presentou e saíu adiante, modificando a ordenanza e mantendo esta bonificación so para os “Vehículos Históricos ou de máis de 40 anos desde a primeira matriculación” (actualmente a ordenanza recolle este límite en 25 anos). O goberno do Partido Popular e Partido Galego, apoiado por Adiante por Ponteceso, alegó facer este cambio por criterios medioambientais dado que este vehículos son altamente contaminantes, e segundo explicaron de escaso valor histórico.

Polo contrario desde o BNG consideramos que debe atenderse tamén a criterios sociais e á alta necesidade de dispoñer de vehículos particulares que temos no rural, e ao impacto que ten nas economías familiares non poder acollerse a esta bonificación dun vehículo que as veces úsase como 2º vehículo de apoio ou emerxencias, ou que cando é único na familia as circunstancias actuais non permiten a súa sustitución, toda vez que xa abonaron a taxa durante 25 anos.

Ao mesmo tempo, oficialmente, os Vehículos Históricos son os de máis de 30 anos desde a primeira matriculación, polo se se bonifican os históricos de esta idade se cometería un agravio comparativo contra o resto de vehículos de 30 anos.

Por todo isto o BNG rexistrou hoxe alegacións para evitar a perda desta bonificación e, por iniciativa da súa Asemblea Local, comezou na mañá de hoxe unha campaña informativa e de recollida de sinaturas entre a veciñanza para dar a coñecer esta acción do goberno entre a cidadanía e animar ás persoas interesadas a presentar alegacións durante o período de exposición pública; toda vez que entendemos se están incumplindo as garantías de publiciadade propias deste período ao non estar accesibeis os textos da nova ordenanza no taboleiro de anuncios dixital do Concello desde o día seguinte ao da publicación do acordo do pleno no BOP, que tivo lugar o 13 de outubro, de feito ningunha das modificación de ordenanzas arpobadas aquel día están colgadas no taboleiro de anuncios dixital, como erade agardar en aras da transparencia e para facilitar a participación cidadá.